Presidencias desde 1977


  • Ander GIL GARCÍA (Barakaldo, Biscaia, 1974).
    Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidad de Burgos. Educador no centro de acollida de menores estranxeiros non acompañados Zabaloetxe en Biscaia, entre o ano 2001 e 2003. Concelleiro de Cultura, Mocidade, Deporte e Turismo do Concello de Valle de Mena (Burgos) dende o ano 1995, función que desempeñou tamén tras as eleccións de 1999 e até o ano 2003. Primeiro tenente de alcalde dende o ano 2003 até o 2011, a cargo de Cultura, Educación, Turismo e Desenvolvemento local. Vogal da Comisión de Modernización e Calidade da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) entre os anos 2008 e 2011. Senador pola circunscrición de Burgos dende o ano 2011 (X lexislatura), reelixido nas lexislaturas XI, XI, XIII, XIV e XV. Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista no Senado, nomeado en xuño de 2017 pola Executiva Federal do PSOE, durante as Lexislaturas XII, XIII e XIV. En 2018 foi galardoado como o título de «Senador do ano» pola Asociación de Xornalistas Parlamentarios (APP, polas súas siglas en castelán).
    Presidente do Senado na XIV Lexislatura (2021-2023).


  • María Pilar LLOP CUENCA (Madrid, 1973).
    Licenciada en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid, accedeu á Carreira Xudicial pola rolda libre en 1999, e ascendeu a maxistrada en 2004. Compatibilizou a súa función xudicial coa de consultora internacional e traballou en diversos países da Unión Europea, así como en América Latina, en temas relacionados con reformas dos sistemas xudiciais, en materia penal e en violencia de xénero.
    Foi delegada do Goberno para a Violencia de Xénero entre xullo de 2018 e marzo de 2019, e tras ser designada senadora pola Asemblea de Madrid, o 3 de decembro de 2019 foi elixida presidenta do Senado.
    Colaborou en varias publicacións de editoriais xurídicas de dereito penal e en varias revistas xurídicas. É especialista en tradución xurídica inglés-español pola Universidad de Alicante. O seu último destino xudicial foi o Xulgado de Violencia sobre a Muller n.º 5 de Madrid.
    Presidenta do Senado na XIV Lexislatura (2019-2021)

  • Manuel CRUZ RODRÍGUEZ (Madrid, 1951).
    Catedrático de Filosofía Contemporánea na Universidade de Barcelona. Autor de máis dunha trintena de títulos (algúns deles traducidos a outros idiomas) e compilador de case unha quincena de volumes colectivos. Deputado, do 2016 ao 2019 foi voceiro polo PSOE na Comisión de Educación e na de Ciencia, Innovación e Universidades no Congreso dos Deputados.
    Presidente do Senado na XIII Lexislatura (2019).

  • Pío GARCÍA-ESCUDERO MÁRQUEZ (Madrid, 1952)
    Arquitecto. Presidente do Partido Popular de Madrid entre 1993 e 2004. Deputado da Asemblea de Madrid durante tres lexislaturas, entre 1991 e 2003. Senador designado pola Comunidade Autónoma de Madrid entre os anos 1995 e 2003. Senador electo por Madrid dende 2004 ata a actualidade. Na Cámara Alta exerceu o labor de voceiro do Grupo Parlamentario Popular durante tres lexislaturas, nunha primeira etapa entre 1996 e 1999, e nunha segunda entre 2004 e 2011.
    Presidente do Senado nas X, XI e XII Legislaturas (2011-2015, 2016 e 2016-2019).

  • Francisco Javier ROJO GARCÍA (Pamplona, 1949).
    Mestre industrial especializado en Artes Gráficas. Membro do Partido Socialista Obreiro Español dende 1976. Membro do Consello de Administración da Caixa de Aforros de Áraba e dúas veces concelleiro do Concello de Vitoria, deputado foral de Áraba e procurador das Xuntas Xerais entre os anos 1979 e 2004. Membro do Parlamento Vasco en 2001-2002. Deputado por Áraba en tres lexislaturas de 1982 a 1993 e Senador dende ese ano ata 2011.
    Presidente do Senado na VII e IX Lexislatura (2004 - 2008 e 2008 - 2011)

  • Juan José LUCAS JIMÉNEZ (Burgo de Osma, Soria, 1944).
    Funcionario. Concelleiro do Concello de Soria, presidente da Deputación Provincial entre 1985 e 1986. Membro do Partido Popular, foi presidente da Comunidade de Castela e León de 1991 a 2001, cargo ao que renuncia para ocupar o Ministerio da Presidencia. Deputado na III e IV Lexislatura e senador designado pola Comunidade Autónoma de Castela e León dende 2002 ata 2019.
    Presidente do Senado na VII Lexislatura (2002- 2004)

  • Esperanza AGUIRRE GIL DE BIEDMA (Madrid, 1952).
    Licenciada en Dereito e funcionaria do Corpo de Técnicos de Información e Turismo do Estado. Afiliada ao Partido Liberal, intégrase en 1986 no Partido Popular. Concelleira e tenente de alcalde do Concello de Madrid. En 1996, ministra de Educación e Ciencia. Senadora electa por Madrid nas VI e VII Lexislatura e presidenta desa comunidade autónoma dende 2003 ata 2012.
    Presidenta do Senado na VI e VII Lexislatura (1999 - 2000 e 2000 - 2002)

  • Juan Ignacio BARRERO VALVERDE (Mérida, Badajoz, 1943).
    Licenciado en Dereito. Avogado. Profesor de Dereito Constitucional da UNED en Estremadura. Membro do Partido Popular. Parlamentario da Asemblea de Estremadura en tres ocasións. Senador por Badaxoz na IV, V e VI Lexislatura e Deputado na VII.
    Presidente do Senado na VI Lexislatura (1996- 1999)

  • Juan José LABORDA MARTÍN (Bilbao, 1947).
    Periodista e profesor de Historia Moderna e Contemporánea. En 1975 ingresa no Partido Socialista Obreiro Español. Membro do Consello Xeral de Castela e León. Membro da Asemblea do Consello de Europa. Procurador na Xunta de Castela e León en 1987 e candidato á súa presidencia. Senador por Burgos dende a Lexislatura Constituínte ata o ano 2008. Fundador do Instituto Rexional Castelán-leonés e membro da Sociedade de Estudos Vascos.
    Presidente do Senado na IV e V Lexislatura (1989-1993 e 1993-1996)

  • José Federico de CARVAJAL PÉREZ (Málaga, 1930).
    Avogado. Membro do Partido Socialista Obreiro Español dende 1956. Foi elixido Senador por Ávila na Lexislatura Constituínte, na que foi secretario terceiro e presidente da Comisión Constitucional. Membro da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa. Deputado entre 1989-1993.
    Presidente do Senado na II e III Lexislatura (1882-1986 e 1986-1989)

  • Cecilio VALVERDE MAZUELAS (Córdoba, 1927 – Madrid, 2001).
    Avogado. Bufete en Córdoba e máis tarde en Madrid co entón decano Antonio Pedrol Ríus. A súa actividade política iníciase en 1976, cando participa na fundación do Partido Social Liberal Andaluz, integrado posteriormente na Unión de Centro Democrático. Secretario do Colexio de Avogados de Córdoba de 1962 a 1966 e membro do Consello de Administración da Caixa Provincial de Aforros de Córdoba. Senador por Córdoba nas Lexislaturas Constituínte e primeira.
    Presidente do Senado na I Lexislatura (1979- 1982)

  • Antonio FONTÁN PÉREZ (Sevilla, 1923 – Madrid, 2010).
    Catedrático de Filoloxía dende 1949, periodista e escritor. Director, entre outros, do diario Madrid e vicepresidente da Cadea de Emisoras SER. Autor de numerosas publicacións científicas sobre lingüística, historia do humanismo e filoloxía latina. Membro do Consello Privado do Conde de Barcelona e profesor do entón príncipe D. Juan Carlos de Borbón. Interveu na fundación do Partido Demócrata, integrado logo en Unión de Centro Democrático. Ministro de Administración Territorial en 1977.
    Presidente do Senado na Lexislatura Constituínte (1977- 1979)