Ander Gil García. Saúdo

Última actualización 04/10/2021

Bienvenidos y bienvenidas al Senado.

Welcome to the Senate.

Benvinguts i benvingudes al Senat.

Ongi etorri Senatura.

Benvidos e benvidas ao Senado.

Benvinguts i benvingudes al Senat.

Esta cámara de representación territorial é un reflexo da riqueza, pluralidade e diversidade do noso país. Un lugar onde están representadas non só forzas políticas de diferentes ideoloxías, senón tamén a disparidade dos sentimentos identitarios que configuran a realidade do que é a España de hoxe.

Por iso é aquí onde, a través da palabra e do debate político, temos que avanzar na cooperación e na busca do ben común entre os intereses dos distintos territorios do noso país.

Porque a igualdade de oportunidades, a cohesión e o poder da política territorial teñen hoxe máis sentido que nunca e deben ser unha ambición que presida o noso desempeño.

Debemos impulsar con máis forza se cabe o diálogo entre todas as rexións da Nación, porque todos somos necesarios para dar resposta aos desafíos que temos en común, como quedou demostrado durante a crise sanitaria.

E o marco deste diálogo só pode entenderse no Senado, como na nosa democracia, dende o respecto á nosa Constitución, para alcanzar un novo tempo de consideración cara a España plural e diversa en ideas que conformamos entre todos e todas.

Como poder lexislativo somos os herdeiros e herdeiras do mandato da Constitución de 1978. Está nas nosas mans defender a arquitectura política que fixo posible o país dos dereitos e liberdades das que gozamos hoxe. Elevar o debate político, pasar da palabra á lei, e avanzar cara a acordos e consensos que melloren a vida de todos os cidadáns e cidadás que depositaron a súa confianza en nós.

E facelo, ademais, con honestidade, sentido de servizo público e transparencia. Por iso, esta páxina web é ademais unha ferramenta fundamental para abrir vías de comunicación coa cidadanía, dar a coñecer a actividade de todos os senadores e senadoras que conforman esta Cámara e fomentar a participación activa da sociedade na actividade parlamentaria.

Anímovos a coñecer tamén, a través desta web do Senado, a historia desta Cámara e o seu rico patrimonio cultural e arquitectónico.

Un legado que é de e para todos e todas.

Esperámosvos.

Gracias pola vosa visita.