Acceso á información
Todas as persoas poden solicitar a información de carácter público que obre en poder do Senado, calquera que sexa o formato ou soporte da información, sempre que estea dentro dos límites que establece a Norma reguladora do dereito de acceso á información pública do Senado, aprobada pola Mesa do Senado o 2 de decembro de 2014.
- O dereito de acceso dos cidadáns á información parlamentaria do Senado só pode ser limitado nos supostos regulados no Regulamento do Senado e nas normas e resolucións dos seus órganos.
- O dereito de acceso dos cidadáns á información sobre a actividade do Senado suxeita ao Dereito administrativo pode ser limitado cando afecte á investigación de delitos, á intimidade das persoas ou a calquera das causas mencionadas no artigo 14.1 da Lei de Transparencia, acceso á información e bo gobernó.
A solicitude de información pode realizarse por calquera medio que permita ter constancia da súa identidade, a información que se solicita e un enderezo de contacto onde enviarlle a resposta, preferiblemente electrónico. Non é obrigatorio motivar a solicitude, pero pode ser importante á hora de preparar a resposta. Poderá dirixirse ao Senado en calquera lingua que, co castelán, teña carácter oficial en algunha Comunidade Autónoma.
Pode solicitar a información a través do teléfono, o correo electrónico ou o correo postal. Habilitouse un formulario de solicitude de información a través do cal nos pode facer chegar a súa consulta. As respostas enviaranse ao enderezo de contacto que teña facilitado, preferiblemente electrónico.
Ademais, a través da páxina web e de forma electrónica, vostede poderá consultar o estado da súa solicitude ou retirala se o considera oportuno.
Recomendámoslle que visite a nosa sección de Consultas máis habituais antes de formular a súa solicitude.
O prazo xeral para contestar solicitudes de información é dun mes dende a recepción da solicitude. Este prazo é ampliable outro mes máis cando o volume ou a complexidade da información que solicita o faga necesario.
Se considera que a resposta a súa solicitude de información sobre a actividade do Senado suxeita ao Dereito administrativo non foi satisfactoria ou se transcorreu o prazo máximo sen recibir unha resposta, poderá recorrer por dúas vías:
- Ante a Mesa do Senado, ao ser este o órgano competente para resolver, mediante interposición de recurso potestativo, e con carácter previo á vía contencioso-administrativa. O recurso interporase no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día en que se produzan os efectos do silencio administrativo.
- Ante a Sala do Contencioso - Administrativo do Tribunal Supremo, mediante a interposición do correspondente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte á data de notificación da resolución ou dende o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.
Se considera que a resposta a súa solicitude sobre a actividade suxeita ao Dereito Parlamentario non foi satisfactoria ou se transcorreu o prazo máximo sen recibir unha resposta, poderá recorrer ante a Mesa do Senado.
Para máis información sobre as vías de recurso, consulte a Norma reguladora do dereito de acceso á información pública do Senado.