INTRODUCCIÓN

Última revisión 14/03/2024

Cales son os obxectivos da páxina web do Senado?

A páxina web do Senado é o resultado dun proceso de renovación tecnolóxica e de cultura organizativa inspirado no principio de apertura do Senado aos cidadáns.

A páxina web do Senado mellora o deseño, a estrutura de navegación e a presentación da información sobre a súa actividade, composición e funcións. Así mesmo, incorpora novos contidos e ferramentas para facer efectivos os principios de transparencia, rendición de contas e participación, avanzando nun camiño xa iniciado coa primeira versión que entrou en funcionamento en 1997, caracterizado por ofrecer información fiable, exhaustiva e actualizada.

Co obxecto de responder ás novas demandas de transparencia, na nova páxina non só se ofrece información de calidade, presentada de forma comprensible, intuitiva e accesible, senón que se ofrecen canles de obtención de información e acceso aos servizos, e facilítase a reutilización de datos públicos. Un potente buscador permite atopar información utilizando texto libre.

Para facilitar a participación dos ciudadáns ponse á sua disposición canles de comunicación cos senadores, Grupos parlamentarios, Comisións e a Administración parlamentaria. Outra novidade é a apertura da conta institucional do Senado nas redes sociais Twitter (@Senadoesp), Instagram (@senadoesp) e Youtube (user/ElSenadoTV) con vocación de informar sobre a actividade da Cámara e de manter un contacto directo cos cidadáns respondendo ás súas suxestións, dúbidas e solicitudes de información.

A quen está dirixida a páxina web?

A web do Senado está dirixida a todos os cidadáns e utiliza unha linguaxe clara e concisa para facer comprensible a actividade parlamentaria. A navegación pola páxina é intuitiva e accesible, ofrecéndose en todo caso información fiable e veraz.

Os usuarios expertos en temas políticos e xurídicos e os investigadores poderán atopar información exhaustiva sobre a actividade, tramitación das distintas iniciativas, publicacións oficiais e sobre a composición dos órganos da Cámara, tanto a referida ao período histórico entre 1834 e 1923, como a posterior a 1977.

Para acercar a institución a un perfil concreto de usuarios, o integrado por nenos e mozos, creáronse contidos adaptados para a sección denominada “O Pequeno Senado”, cos que poderán familiarizarse coa institución a través de viñetas, xogos e test de coñecementos.

Poden as persoas con discapacidade navegar pola páxina? Cal é o seu nivel de accesibilidade?

Si. A páxina web foi desenvolvida seguindo as pautas definidas polo Consorcio para a World Wide Web (W3C) para obter o nivel AA. Fíxose tamén un importante esforzo de formación para que a introdución de novos contidos cumpra este nivel.

En todo caso, é posible que, sobre todo ao principio, haxa zonas ou contidos concretos que desatendan algún aspecto dos citados estándares. O Senado comprométese a seguir traballando para mellorar os niveis de accesibilidade.

Cal é o nivel de transparencia da páxina web?

A páxina web do Senado reflicte o compromiso da institución en materia de transparencia. Ademais de ofrecer unha información fiable e exhaustiva, que permite o acceso a máis dun millón e medio de documentos, esta se presenta de forma comprensible e estruturada, permitindo así unha fácil localización. Para facilitar o acceso á información existen canles de atención electrónica e telefónica.

Ademais dos contidos relacionados coa actividade, composición, organización e funcións do Senado, a páxina fai pública información sobre os seguintes aspectos:

  • Réxime económico e de protección social dos senadores, que inclúe información sobre as retribucións dos parlamentarios, as dietas e indemnizacións que perciben, o réxime de transporte, o material tecnolóxico posto á súa disposición e as subvencións aos grupos parlamentarios.
  • Declaracións de actividades, bens patrimoniais, rendas e intereses económicos dos senadores.   
  • Información necesaria para poder presentarse e realizar o seguimento de procesos de selección de persoal, de selección de bolseiros ou de participantes en seminarios de formación.
  • Contratación, a través do perfil de contratante, os procedementos en curso e a contratación xa adxudicada, con indicación do procedemento utilizado para a súa formalización, os instrumentos a través dos que se divulgou, a identidade do adxudicatario e información sobre o selado de tempo. A partir do 9 de marzo de 2018, toda a xestión relativa aos contratos faise a través da Plataforma de Contratación do Sector Público. Para consultar a información dos contratos previos a esta data, visite o apartado «Información contractual» na páxina web do Senado ou acceder a través da ligazón de Transparencia.

Senado, sensible ás crecentes demandas de transparencia, irá incorporando a través da páxina web novas informacións.

Como atopar información?

A estrutura da páxina web permite unha navegación intuitiva dende a páxina de inicio a través dos catro grandes apartados en que se estrutura a súa información: actividade parlamentaria, composición e organización, coñecer o Senado e relacións cos cidadáns. Estas catro entradas permanecen sempre activas na barra superior de navegación. Dende a cabeceira tamén é posible consultar o mapa da web e enlazar cos contidos.

Para facilitar o acceso á información desenvolveuse un buscador xeral cuxa ventá de acceso sitúase na cabeceira da páxina e está, polo tanto, permanentemente accesible dende calquera sección pola que se navegue. Permite a busca de calquera información a través da introdución dun texto libre.

Existen ademais canles de atención telefónica na oficina de información e nas unidades responsables da prestación dos servizos.

Pódese compartir a información da web?

Sí. Una de las novedades que ofrece la nueva página web del Senado es la posibilidad de compartir la información entre usuarios. Conscientes de que la Institución tiene que formar parte del nuevo escenario de una “sociedad en la red”, se han trasladado a la página web las herramientas necesarias para ello. Os botóns de enviar e compartir, que aparecen nas máis das páxinas do sitio web, permítenlle ao usuario intercambiar a información en redes sociais como Twitter ou Instagram.

En que idiomas se pode consultar a web?

A páxina web do Senado ofrécese, ademais de en castelán, en diferentes versións lingüísticas: nas linguas que teñen carácter oficial nalgunha comunidade autónoma e en inglés.

A navegación realízase a través de toda a web na lingua seleccionada, se ben algúns contidos, como a información obtida das bases de datos do Senado, amósanse en castelán.

A través da páxina web do Senado pódense seguir as intervencións que, de acordo coas previsións do Regulamento da Cámara se producen nas linguas oficiais nalgunha comunidade autónoma: é o caso da primeira intervención do presidente electo na sesión constitutiva, das intervencións que se produzan nas sesións da Comisión Xeral das Comunidades Autónomas e das que teñan lugar no Pleno con ocasión do debate das mocións.

Tamén se poden consultar na web os diarios de sesións do Pleno ou da Comisión Xeral das Comunidades Autónomas nos que quedan transcritas as intervencións na lingua en que se producisen, xunto coa súa tradución ao castelán.

Da mesma forma, no Boletín Oficial das Cortes Xerais, Sección Senado, publícanse todas as iniciativas presentadas, ademais de en castelán, en calquera outra das linguas oficiais nas comunidades autónomas.

É reutilizable a información que ofrece a páxina web?

Con carácter xeral, a información que se ofrece na páxina web é pública e susceptible de reutilización.

A páxina web do Senado pon á disposición dos cidadáns unha sección relativa a “Datos Abertos” con todo un catálogo variado de información en formato XML.

Cales son as canles de participación que abre a páxina web?

Un dos obxectivos da nova web é facilitar a participación dos cidadáns. Para iso, ponse á súa disposición as canles de interacción de senadores e grupos parlamentarios (correo, blogs, redes sociais, páxinas persoais, etc.) e facilítase o contacto coas comisións e con diversas unidades da Secretaría Xeral.

Usuario tamén pode conectarse co Twitter da institución dende o que se informará sobre a actividade da Cámara e se responderá ás dúbidas e solicitudes de información que se formulen.

Aos efectos de agrupar baixo un mesmo acceso estas canles habilítase dende a pantalla inicial da páxina unha entrada única a través do botón “Participa”, situado na zona dedicada ás relacións cos cidadáns.

Como localizar unha iniciativa?

A páxina web foi pensada para amosar ao cidadán dunha forma rápida, fácil e comprensible toda a actividade que realiza o Senado.

Modelo de navegación permite aos usuarios chegar ao corazón da actividade parlamentaria, que é a tramitación das diferentes iniciativas que chegan ou se presentan no Senado, dende varios sitios da web:

  • Directamente, dende a pantalla inicial, será posible realizar buscas partindo dun texto libre.
  • Dende a pantalla inicial poderanse consultar as leis en tramitación e tramitadas, así como dende o menú de navegación lateral dentro da sección de “Actualidade”.
  • Dende as ordes do día das sesións plenarias poderanse consultar cada un dos asuntos tratados, oradores, vídeos, diarios de sesións, resultados das votacións e textos aprobados. Así mesmo, poderase enlazar con toda a información de cada iniciativa.
  • Cada unha das comisións conta cun sistema de navegación local, similar ao que se utiliza para acceder á actividade do Pleno, dende o que poderán consultarse as iniciativas en tramitación e tramitadas.
  • Na ficha de cada un dos senadores existe unha pestana dedicada á súa actividade parlamentaria, dende a que se poden consultar as iniciativas que presentou. Unha pestana similar existe na ficha de cada grupo parlamentario do Senado, dende a que poderán consultarse as iniciativas das que o grupo é autor, así como as dos senadores que forman parte do mesmo.
  • Por último, habilitouse un buscador específico que permite localizar calquera iniciativa en tramitación ou tramitada, utilizando criterios cronolóxicos, de autor, de órgano competente para coñecer do asunto e de tipoloxía. Dende o resultado da consulta será posible acceder a toda a información dispoñible da iniciativa.

detalle de cada iniciativa preséntase cun mesmo formato. Na cabeceira proporciónanse os datos de identificación da iniciativa, na que se amosan o seu título e autor, situación, tipo de iniciativa, datas de presentación e de cualificación, número de expediente, procedemento e órgano competente para a súa tramitación e a descrición das áreas temáticas nas que se enmarca. Tamén se inclúe na táboa a ligazón “Documentos” que permite visualizar todos os escritos presentados asociados á iniciativa, así como a ligazón aos “Expedientes relacionados”, no caso de que existan. Nas iniciativas de lexislaturas anteriores inclúese tamén o dato do seu número de arquivo.

A continuación dos datos de cabeceira amósanse todos os datos de tramitación, cuxa complexidade varía en función do tipo de iniciativa. Os datos de tramitación preséntanse por orde cronolóxica, e inclúen ligazóns a todos os textos, publicacións e vídeos que poidan existir de cada iniciativa.

Pódense coñecer cales son as iniciativas que presentou cada senador? E cada grupo parlamentario?

Na ficha de cada un dos senadores existe unha pestana dedicada á súa actividade parlamentaria, dende a que se poden consultar as iniciativas que presentou, con ligazóns ao expediente, ao Diario de Sesións e aos cortes de vídeo.

Unha pestana similar existe na ficha de cada grupo parlamentario do Senado, dende a que poderán consultarse as iniciativas das que o grupo é autor, así como as dos senadores que forman parte do mesmo.

Que información de actualidade ofrece a páxina web? Onde consultar as noticias?

A pantalla inicial da páxina web dá acceso directo a contidos de actualidade.

Ocupa unha zona destacada o carrusel de imaxes, asociado a un texto explicativo (slider), a través do que se comunican as noticias máis relevantes.

acceso ás “Noticias” proporciona información sobre a actividade do Senado e da administración parlamentaria que poidan resultar de interese para os cidadáns, tales como a celebración de Xornadas de Portas Abertas ou os procedementos de selección de persoal. A iso hai que engadir os accesos directos ao calendario de actividades e á axenda do día, que permiten consultar as ordes do día das reunións, así como á relación das leis en tramitación. A información complétase coas previsións de emisións en directo e a programación TV Senado.

Que información se ofrece a través do calendario de actividades? É posible consultar as ordes do día do Pleno e das comisións?

Dende a pantalla inicial da páxina web é posible acceder a un calendario de actividades interactivo que amosa as reunións que se celebraron ou as previsións de convocatorias, aparecendo sombreados en cor vermello os días de Pleno e subliñados os días que conteñen información sobre algunha actividade. Unha vez seleccionado un día ou unha semana, pódese consultar a hora da convocatoria, así como a orde do día das reunións do Pleno, das comisións e ponencias.

Outra vía para consultar a axenda do día é o botón de “Axenda” situado na zona de actualidade da pantalla inicial. Ao lado de cada convocatoria indícase a vía de retransmisión que se vai utilizar (internet, satélite ou fibra).

Ademais do calendario xeral de actividades, que permite a consulta de reunións parlamentarias, actividade institucional e internacional, da axenda do presidente do Senado e das convocatorias de roldas de prensa, en distintas seccións da páxina pódese acceder a calendarios interactivos por tipo de actividade (é o caso do Pleno e a Deputación Permanente ou as publicacións oficiais) ou ás ordes do día das sesións convocadas (no apartado “Comisións e Ponencias”).

Como seguir unha sesión plenaria en directo? E a sesión dunha comisión? Pódense gardar e enviar os cortes de vídeo?

Para facilitar o seguimento da actividade da Cámara en tempo real créase a sección “O Senado en directo”.

Poderanse emitir a través de Internet (streaming) ata catro sesións simultaneamente. A previsión de emisións poderase consultar con carácter previo no apartado “Programación TV Senado”.

sistema permite almacenar os cortes de vídeo no disco duro do usuario en formato MP4.

Unha vez finalizada a sesión, o acceso aos vídeos pódese realizar dende a consulta da sesión plenaria ou de comisión, así como dende a concreta iniciativa que fose obxecto de debate. Iso facilita a obtención de forma relacionada de toda a información xerada no debate dunha iniciativa, xa que, xunto co vídeo, poderá accederse aos diarios de sesións, aos resultados das votacións, aos textos aprobados e a toda a documentación relacionada cos asuntos tratados.

Cabe sinalar, por último, que o Senado emite en aberto a través do satélite Hispasat (Frecuencia 11.972 en Vertical, Fec 3/4, Simbol rate 27.500).