Dereitos relativos á protección de datos
Última actualización: 18/01/2022
O capítulo III do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, recolle os “Dereitos do interesado”, entre os que se atopan o de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, portabilidade dos datos e oposición.
Dereito de acceso
A través do exercicio deste dereito, as persoas afectadas polos tratamentos poden saber se os seus datos de carácter persoal están a ser tratados polo Senado, qué datos son obxecto do devandito tratamento, a finalidade deste, a orixe dos citados datos e se se lle comunicaron ou se se lle van comunicar a un terceiro.
O Senado informará os interesados sobre os seguintes contidos:
- os fins do tratamento;
- as categorías de datos persoais de que se trate;
- os destinatarios ou as categorías de destinatarios aos que se lles comunicaron ou lles serán comunicados os datos persoais;
- de ser posible, o prazo previsto de conservación dos datos persoais ou, de non ser posible, os criterios utilizados para determinar este prazo;
- a existencia do dereito a solicitar do responsable a rectificación ou supresión de datos persoais ou a limitación do tratamento de datos persoais relativos ao interesado, ou a opoñerse ao devandito tratamento;
- o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control;
- cando os datos persoais non se obtiveron do interesado, calquera información dispoñible sobre a súa orixe;
- a existencia de decisións automatizadas, incluída a elaboración de perfís e, polo menos nos tales casos, información significativa sobre a lóxica aplicada, así como a importancia e as consecuencias previstas do devandito tratamento para o interesado.
O Senado facilitaralle ao interesado unha copia dos datos persoais obxecto de tratamento, sempre que non afecte negativamente aos dereitos e liberdades doutros.

Dereito á portabilidade
Este dereito permite recibir os datos persoais facilitados ao Senado nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitirllos directamente a outro responsable do tratamento, sempre que sexa tecnicamente posible e ademais non afecte negativamente aos dereitos e liberdades doutras persoas.
Este dereito terá pouca marxe de aplicación no Senado, xa que só ten cabida cando o tratamento se basea no consentimento, ou nun contrato, e ademais o tratamento se efectúa por medios automatizados.
Non se lles aplica aos tratamentos, habituais no Senado, que teñen como base xurídica o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos.
O seu recoñecemento e efectos non obstan ao exercicio do dereito de supresión.

Dereito de oposición
O dereito de oposición é o que exerce o afectado para que non se leve a cabo o tratamento dos seus datos de carácter persoal ou se cese nel. O dereito de oposición pódese exercer en calquera momento, por motivos relacionados coa situación particular do interesado, cando os datos persoais sexan obxecto dun tratamento baseado no exercicio de poderes públicos.
Nestes casos, atendendo á situación particular alegada polo afectado, o Senado cesará no tratamento dos datos e, en especial, na súa publicidade, agás que acredite un motivo lexítimo imperioso ou sexa preciso para o exercicio ou defensa de reclamacións.
Así mesmo, pódese exercer, cando o tratamento teña por obxecto fins de investigación científica ou histórica ou fins estatísticos, por motivos relacionados coa súa situación particular, agás que sexa preciso para o cumprimento dunha misión realizada por razóns de interese público.

Dereito de supresión
O dereito de supresión ten por obxecto a eliminación, sen dilación indebida, dos datos persoais cando o seu tratamento non sexa lícito ou desapareza a finalidade que motivou o seu tratamento. Existen excepcións que xustifican a improcedencia en atendelo; por exemplo, cando deba prevalecer a liberdade de expresión ou de información; o cumprimento dunha obriga legal; a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións, ou fins de arquivo, de investigación ou estatísticos.
En particular, o interesado poderá solicitar a supresión dos datos persoais que o atinxen cando concorra algunha das circunstancias seguintes:
- que os datos persoais xa non sexan necesarios en relación cos fins para os que foron recollidos ou tratados doutro modo;
- que o interesado retire o consentimento en que se basea o tratamento de conformidade, e este non se basee noutro fundamento xurídico;
- que o interesado se opoña ao tratamento e non prevalezan outros motivos lexítimos para o tratamento;
- que os datos persoais sexan tratados ilicitamente;
- que os datos persoais deban suprimirse para o cumprimento dunha obriga legal que se lle aplique ao responsable do tratamento.
Se o Senado xa fixese públicos os datos persoais e estivese obrigado a atender unha solicitude de supresión, adoptará as medidas razoables —tendo en conta a tecnoloxía dispoñible e o custo da súa aplicación— para informar a terceiros que estean tratando os devanditos datos persoais da obriga de suprimir calquera ligazón, copia ou réplica daqueles.

Dereito de limitación do tratamento
O dereito á limitación do tratamento pódese exercer cando se cumpra algún dos requisitos seguintes:
- que o interesado impugne a exactitude dos datos persoais, mentres o Senado verifica a súa corrección;
- que o tratamento sexa ilícito e o interesado se opoña á supresión dos datos persoais e solicite no seu lugar a limitación do seu uso.
- que o Senado xa non precise os datos persoais para os fins do tratamento, pero o interesado os necesite para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- que interesado se opuxese ao tratamento mentres se verifica se os motivos lexítimos do responsable prevalecen sobre os do interesado.
No caso de que o Senado accedese á limitación do tratamento, os datos persoais afectados só poderán ser tratados co consentimento do interesado ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións, ou con miras á protección dos dereitos doutra persoa física ou xurídica ou por razóns de interese público.
Se se levantase a limitación do tratamento, o Senado informará o interesado con anterioridade.

Dereito de rectificación
Mediante o seu exercicio ante o responsable do tratamento, o titular dos datos persoais ten dereito a obter sen dilacións indebidas a modificación dos seus datos persoais inexactos ou incompletos. Na solicitude de rectificación debe indicar qué datos desexa que se modifiquen ou corrixan.
Á devandita solicitude, o titular dos datos —solicitante da rectificación— deberá achegar a documentación xustificativa na que basee a súa pretensión.

Letrado xefe da Asesoría Xurídica do Senado
915381900
Calle Bailén 3, 28071 (Madrid)