Normativa

Última revisión 09/01/2024

O Senado publica a través da páxina web, dunha maneira clara, estruturada, actualizada e accesible, información e documentos de índole parlamentaria (seccións dedicadas á «actividade parlamentaria» e á «composición do Senado»), así como contidos relacionados coa súa actividade administrativa.

Para lles dar unha maior visibilidade, créase o Portal de Transparencia en febreiro do 2014.

En virtude do establecido no artigo 36.1.g) do Regulamento do Senado, que lle atribúe á Mesa a competencia para aprobar as normas e adoptar as medidas que resultaren precisas para garantir a transparencia da actividade da Cámara e o dereito de acceso á información pública do Senado, a Mesa do Senado, na súa reunión do 2 de decembro do 2014, aprobou a Norma reguladora do dereito de acceso á información pública do Senado e acordou a incorporación de novos contidos ao Portal de Transparencia.

Regulamento do Senado

Normas de acceso á información pública

Outras normas